Portugal e Sanxenxo, unidos nunha gran gala na Praza do Mar

Wait 5 sec.

Por segundo ano consecutivo, unha gran gala estreitará os lazos entre Sanxenxo e Portugal. A localidade acollerá o vindeiro mércores, día 30 de xullo, a gran gala 'Portugal no Camiño'. A cita será na Praza do Mar, ás 22:30 horas, coa música como fío condutor dunha relación entre Portugal e Sanxenxo que se mantén no tempo. Nesta segunda edición, crecerá con postos de produtos típicos lusos no Paseo dos Barcos durante toda a xornada. A Concellaría de Cultura e Eventos, dirixida por Elena Torres, coa colaboración de La Oca Band presenta un programa con artistas como Zé Amaro, Pili Pampín, Pepo Suevos, Lucía Pérez e os grupos folclóricos Os Frujeiras de Portugal e a Asociación Cultural Soalleira de Dorrón. A actividade comezará xa pola mañá, ás 12.00 horas, coa presentación da cita na Praza Pascual Veiga, á que asistirá o coñecido artista portugués de música country Zé Amaro e na que actuarán os grupos folclóricos. Elena Torres explica que buscan "seguir reforzando este vínculo con Portugal, nuestros veciños naturais que nos elixen cada ano como destino vacacional. Ese día máis que nunca sentir como en casa e poderemos demostrarlle o noso agarimo e agradecemento". A entrada é libre até completar aforamento.