A Deputación adxudica por 2 millóns de euros a construción de cunetas de seguridade

Wait 5 sec.

A Deputación de Pontevedra celebrou a este xoves a habitual Xunta de Goberno dos venres que adiantouse, ao coincidir coa festividade do Día de Galicia. Esto tamén afecta ao Pleno provincial que agora queda convocado para o xoves que vén. Segundo informou o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, o goberno provincial mobilizou nesta reunión máis de 3 millones de euros para actuacións en turismo, mocidade, infraestructuras e cultura. O asunto máis destacado foi a adxudicación dos tres lotes (zonas norte, central e sur) do Acordo Marco de Cunetas de Seguridade da Rede Viaria da Deputación por valor de preto de 2 millones de euros. Trátanse de tres lotes para dar servizo ás estradas provinciais de todas as comarcas da provincia. En líñas xerais, vanse executar cunetas de seguridade mellorando a drenaxe das estradas que tamén permitirán que o condutor reconduza a súa traxectoria se por algunha circunstancia sae da calzada. Unha semana máis, a Xunta de Goberno Provincial aprobou máis recursos para os concellos dentro do Plan +Provincia. Neste caso Rodeiro recibe preto de 464.000 euros para afrontar a mellora de 11 viais municipais e Cuntis benefíciase de preto de 153.000 euros que destinará a melloras nas piscinas municipais e no edificio polivalente. CULTURA E MOCIDADE A Deputación de Pontevedra destinou 100.000 euros, 10.000 máis que pasado ano, para 24 entidades sen ánimo de lucro de 14 concellos para fomentar a edición de publicacións en galego, con interese social e cultural. As achegas, que se concederon en réxime de concorrencia competitiva, están destinadas a obras editadas en galego que teñan carácter divulgativo, deberán tratar aspectos relacionados coa provincia, co seu patrimonio material, inmaterial ou artístico, ou con persoas e colectivos relevantes desta. Tamén foi aprobado o convenio de colaboración coa Universidade de Vigo por un valor de 100.000 euros para o programa Erasmus Plus e outras bolsas de intercambio do alumnado. En concreto, outorgaranse un total de 100 bolsas por un importe de 1.000 euros cada unha a outros tantos estudantes dos campus de Pontevedra e Vigo, que servirán para contribuír nos seus gastos de estancia. O obxectivo desta liña de axudas é promover a participación do alumnado universitario nos intercambios formativos e contribuír á súa formación integral e á súa adaptación ás esixencias do mercado laboral en Europa e no resto do mundo. O presidente provincial remarcou que "o noso obxectivo é que a nosa mocidade, o piar desta provincia, sexa a mellor preparada da historia e que teña o maior coñecemento posible para afrontar os retos do futuro". TURISMO O goberno provincial tamén aprobou este xoves a contratación da prestación do servicio de implantación e mantamento da plataforma turística Smartguide para as comarcas do Deza e Tabeirós- Terra de Montes por un importe de 200.000 euros, coa que quere divulgar os camiños da Geira e dos Arrieiros e o Miñoto Ribeiro. "Trátase dun paso máis para converter o territorio da provincia nun destino intelixente, e para ofrecer ás persoas visitantes novas propostas para realizar en Pontevedra", subliñou o presidente Luis López. Esta plataforma se desenvolve a través dun acordo de colaboración coa Asociación de Desenvolvemento Rural Terras de Pontevedra norte e que se enmarca dentro do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Deza Tabeirós-Terra de Montes. Os camiños por dentro, financiado con fondos NextGeneration.