A Xunta adscribe todos os hospitais de Galicia á USC en plena guerra por Medicina

Wait 5 sec.

A UDC alerta dunha "deslealdade sen precedentes" polo acordo para o concerto que prevé aprobar mañá o Consello de Goberno da universidade compostelá e que aclara que todos os centros sanitarios do Sergas serán adscritos á USC. A Consellería de Sanidade alega que haberá un concerto específico para cada universidade e que as áreas sanitarias da Coruña e Ferrol seguirán adscritas ás titulacións sanitarias da UDC.