Guadi Galego e Ortiga, cabezas de cartel do Solidarity Fest 2025 de Cambados

Wait 5 sec.

Tres días de cultura solidaria no Pazo Torrado de Cambados. É o que propón o Solidarity Fest, que na súa segunda edición celebrarase do 10 ao 12 de outubro pero que este martes foi presentado en sociedade. Guadi Galego e Ortiga encabezan o cartel musical dun festival que ofrecerá tamén showcookings a cargo de Loxe Mareiro e Habaziro, foodtrucks, zona infantil con obradoiros e un mercado de artesanía local. Ademais, contará coa presenza de artistas como DJ Amable, Señora DJ, Duele, Cora e Rapariga DJ, entre outros. No que respecta á súa programación, o venres 10 de outubro está prevista unha festa de preapertura na sala Krazzy Kray en favor da Fundación Condado de Taboada, entidade organizadora do Solidarity Fest. Presentación do Solidarity Fest 2025 de CambadosSolidarity Fest O sábado 11 será a principal xornada coas actuacións de dous nomes consolidados no panorama musical autonómico e estatal como son Ortiga e Guadi Galego. "Solidarity Fest non é só un evento cultural, senón un espazo de encontro no que a sociedade pode implicarse activamente cunha causa común: apoiar a investigación sanitaria a través da cultura", defendeu na presentación do evento Juan Barrié, director da Fundación Condado de Taboada. Estaba acompañado polo alcalde de Cambados, Samuel Lago, así como pola directora do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS), Isabel Lista, entidade que recibirá os fondos recadados polas doazóns para o financiamento de proxectos de investigación na área de Oncoloxía. Para realizar unha doazón con dereito a entrada facilitouse a web www.solidarityfest.es.