Tomás Clavijo Rey-Stolle, novo director da Escola Naval co reto de alcanzar "grandes cotas de éxito"

Wait 5 sec.

A Escola Naval Militar de Marín cambia de mans. Este martes, o capitán de fragata Tomás Clavijo Rey-Stolle tomou o mando do centro, en sustituciónn do capitán de navío Pedro Cardona Suanzes. A cerimonia de entrega de mando estivo intervida polo almirante director de Ensino Naval Ramón Pablo Fernández Borra no patio de aulas 'Don Álvaro de Bazán'. En presenza de oficiais, profesores do Centro Universitario da Defensa (CUD), suboficiais, mariñeiría e persoal civil da Escola Naval Militar, celebrouse un breve acto castrense amenizado pola Unidade de Música. O acto desenvolveuse seguindo a tradición e as Reais Ordenanzas da Armada e, tras o xuramento de toma de posesión, interpretouse o himno da Armada e o xa novo director dirixiu as súas primeiras palabras a todo o persoal da Escola. Ademais de mostrar o seu "inmenso orgullo" e "profundo agradecimento", recoñeceu que é consciente da responsabilidade que acaba de assumir, coa que recolle "un legado de máis de tres séculos de historia, repleto de grandeza, heroísmo e tradición que forxaron xeracións de mariños". O legado recoñece que resulta "abafador" e destaca que o "valor máis importante" de todos os que asume é a formación dos mozos que constitúen o futuro da Armada. Baixo a súa dirección, formarase a futuros profesionais que operarán complexos sistemas de armas, navegarán en modernos buques de guerra e empregarán tecnoloxías aínda hoxe descoñecidas e que, ademais dirixirán persoas no medio de "circunstancias duras e difíciles". A formación non se limita ao ensino e transmisión de coñecementos técnicos, inclúe "inculcar, no máis profundo do seu ser, uns valores inmateriais que deberán rexer as súas vidas como oficiais da Armada". "Honra, valor, disciplina, lealdade, compromiso, entrega, sacrificio, espírito de servizo, xenerosidade" son algúns deses valores e axuntar unha excelente formación académica coa transmisión eficaz destes valores converte en "verdadeiramente singular" a misión desta Escola, á vez que a mantén como "un referente tanto en España como no estranxeiro". Márcase o reto de "alcanzar grandes cotas de éxito a pesar das carencias e dificultades que existen" e, para logralo, destaca que conta cun elenco de "magníficos" profesionais cuxa entrega e actitude de servizo está convencido que "están á altura da misión".