A choiva, pero non de "café en el campo", obrigou a suspender o concerto de Juan Luís Guerra en Sanxenxo. A decisión tomouse despois de corenta minutos de espectáculo e ante a decepción das 15.000 persoas asistentes. A choiva estivo presente desde o inicio do concerto pero aos poucos ía gañando en intensidade presaxiando a cancelación. Ao dez da noite o cantante dominicano anunciaba un parón de 30 minutos "por la seguridad de todos". Non chegou a cumprirse o prazo, un pouco máis tarde un membro do equipo anunciou a cancelación definitiva do concerto. Xa sen micrófono, Juan Luís Guerra saíu despois a saudar ao público lanzando uns bicos. En desaloxo do recinto da Praza do Mar produciuse con calma. A organización tivo que adiantar o dispositivo de evacuación ante o precipitado final, cunha decena de autobuses lanzadeira para trasladar aos asistentes fose de Sanxenxo.