Fascismo musical, ou de cando che obrigan a escoitar a súa música

Wait 5 sec.

Ás veces, de madrugada, os fins da semana, trato de ler algo mentres escoito aos meus amigos Beethoven, Mozart e Haydn, pero son importunado por sonidos indesexables. Sobre a cabeza teño a un malos veciños que día e noite están dando golpes, taconazos e arrastrando mobles, pero esas molestias non son as que traigo hoxe (que tamén). Eses "sonidos indesexables" son un chunda-chunda que as veces é bastante contundente. Entón busco en Internet se hai algún festival en Pontevedra. A fin de semana anterior foi turno do "BIGSOUND", fai unhas semanas máis, os concertos do orgullo LGTBI e fai un mes eran concertos da Praza de Touros. En todo caso, sempre me fago a mesma reflexión, relativa á diferencia entre estes concertos e os dos melómanos. En primeiro lugar, o horario, xa que os da "Sociedad Filarmónica", único medio para escoitar música clásica en Pontevedra, comezan ás 20:30 e antes das 22:30 xa están rematados. En segundo lugar, a intensidade e o seu xeito de facerse notar. Os nosos concertos, a diferencia de estes eventos, escóitanse só dentro do auditorio onde se celebran, ninguén se entera que estamos aí dentro disfrutando de Beethoven, Schubert ou Chopin. Estoutros avisan da súa presenza a tódala poboación, dunha esquina a outra, lles guste ou non ese tipo de música, e debido a que non rematan ata a madrugada, é un incordio. Por outra banda, os que asistimos os concertos de música clásica, unha vez rematado o concerto retirámonos en silencio, sen provocar balbordo algún. Non os poñemos a cantar ebrios polas rúas dunha Pontevedra xa de madrugada, nen a dar gritos e alaridos, nen ensuciamos nada con vasos de plástico, envoltorios plásticos nen restos de comida. Somos persoas educadas e respectuosas ca tranquilidade dos demais e non alteramos para nada o descanso de ninguén. Pontevedra é unha cidade cada día máis ruidosa, comezando polo seu servizo de recollida de lixo, con esos camións de maquinaria chirriante pasando vinte veces cada madrugada e espertando a todo o vecindario. Seguro que con esa maquinaria o traballo é máis cómodo para os operarios, pero é de dubidosa xustificación que para que dúas persoas teñan o seu traballo máis cómodo, haxa que molestar a toda unha poboación cada madrugada importunando co balbordo. E non vale o argumento de que o fan de madrugada debido a que de día non poden polo tráfico rodado, xa que de día tamén pasan e montan o mesmo escándalo. Despois están os costumes da xente, cada vez máis ruidosa e irrespetuosa cos demais e co dereito ao descanso. Como esas motos trucadas, que xa denunciei neste medio nunha ocasión, ou eses coches con garrulos escoitando chunda-chunda, como se toda a xente tivera que enterarse que son analfabetos musicais e tiveras a obrigo de escoitar esa bazofia. Os melómanos non obrigamos a ninguén a escoitar a Beethoven, dixo nunha sociedade sana debería encargarse o Estado buscando a melloría espiritual da súa cidadanía, pero prefiren a garrullos ruidosos. Nese caso, a imposición estaría xustificada. Xa Schopenhauer emitira o xuizo no cal a cantidade de ruido a soportar era inversamente proporcional ca intelixencia: a máis ruido provocado e soportado, menos intelixencia. Unha sociedade menos intelixente é máis ruidosa, e esta involución intelectual que sufre esta sociedade, tradúcese en máis e máis ruido. Marcel Proust, tiña, coma min, fobia aos ruidos. O de Marcel Proust non sei, pero o meu é por un problema de saúde, chámase hiperacusia e no meu caso é solucionable cunha operación que despois de tres anos e medio o SERGAS négase a facerme, negándose ademais a aportarme a documentación para poder ser invervido noutro país, como a miña amada Austria ou no cercana Portugal, incluso noutra comunidade. Marcel Proust, creou unha habitación insonorizada, onde se encerrou para escribir Na procura do tempo perdido. Eu non teño modo material de procurarme unha habitación como esa, e vivo nunha comunidade dun edificio de máis de 50 anos, cuxa tranquilidade foi violentada cando unha das propietarias faleceu, e o piso herdouno a filla que a súa vez o vendeu a unha amoral que ilegalmente construiu unha pensión que encheu de xente maleducada e problemática. Son 24 horas de chillidos, golpes, trasteos, portazos, taconeos e mobles arrastrándose. E non se pode falar con eles, esa xente da medo. Unha vez máis, quixera recoller a miña proposta dunha programación de música clásica para Pontevedra. Temos unha orquestra sinfónica e só toca dúas veces ano ano, sempre tocando con grupos tradicionais de música galega. Se os amantes do jazz e o blues teñen o seu festival sen que o Concello lles impoña repertorio, por qué non pasa o mesmo ca orquestra sinfónica?. Vin o programa de festas e vin que, unha vez máis, tocará a orquesta nas Peregrinas pero, como non, acompañado dun grupo de música tradicional. Que eu mesmo son gaiteiro, pero cada cosa para o que é.