'Ideas de bombeiro' instala refuxios para morcegos no Monte Lobeira

Wait 5 sec.

Esta semana estreouse, nas inmediacións do Faro das lúas, en Vilanova de Arousa, unha rede de refuxios para morcegos. Trátase dunha iniciativa promovida pola asociación sen ánimo de lucro Ideas de bombeiro, que preside Pancho de la Barrera. Estas caixas refuxio foron construídas por usuarios do taller de carpintaría da asociación Xoán XXIII de Cangas do Morrazo, dedicada á formación e promoción das persoas con discapacidade intelectual. Para sufragar esta acción recadaron fondos coa campaña "Doa un refuxio para morcegos". Está iniciativa medioambiental está enmarcada nun proxecto de custodia do territorio promovido pola Universidade de Vigo, a Conserveira Antonio Pérez Lafuente e a Mancomunidade de montes de András, quen puxeron a disposición deste proxecto 16 hectáreas ao pié do Faro das lúas. O obxectivo é recuperar e conservar o bosque autóctono e para iso crean esta rede de refuxios para morcegos nesta zona onde escasean debido á mocidade das súas árbores. Se trata de fomentar o asentamento destes depredadores de insectos tan eficientes no control de pragas por exemplo, a procesionaria. Este proxecto completarase cun estudo do seu impacto que inclúe o seguimento e a avaliación constante da ocupación destes refuxios para ir facendo as correccións que sexan necesarias. Inicialmente colocaranse 21 caixas refuxio.