Espadas no alto na Volta a Galicia tras a crono inicial de Ribadumia

Wait 5 sec.

A 23ª Volta a Galicia Elite e Sub-23 está xa en marcha. Ribadumia deu o pistoletazo de saída este xoves á proba ciclista cunha contrarreloxo de 7,2 quilómetros de percorrido na que brillou un dos equipos máis potentes do panorama nacionaol, o Caja Rura-Alea. Tres dos seus corredores asinaron o tres primeiros postos da etapa. O estremeño Iker Pérez impúxose por só 93 centésimas de diferenza sobre o seu compañeiro de equipo Antonio González e con 9 segundos sobre Daniel Cepa. Foron os mellores dunha xornada marcada pola choiva, con 117 ciclistas na liña de saída. Contrarreloxo inicial da 23 Volta a GaliciaAsier Torrado - Federación Galega de Ciclismo Para atopar ao mellor galego no arranque da Volta hai que mirar ao undécimo posto co arousán Martín Rei (Cortizo), a 23 segundos do líder. As diferenzas en todo caso non resultan especialmente significativas co que aínda está por chegar, empezando este mesmo venres coa primeira etapa en liña con saída e meta en Caldas de Reis. Serán 138 quilómetros de percorrido con até catro ascensións puntuables que apuntan a empezar a definir a proba ciclista por etapas.