A Festa dos Callos de Boureante celebra o seu 15º aniversario este domingo na Seca

Wait 5 sec.

Este domingo, 14 de setembro, a Asociación Veciñal Boureante, co apoio do Concello de Poio, celebra ao grande a XV edición da Festa dos Callos, na Seca. Na presentación do evento, o alcalde Ángel Moldes acompañou á directiva da asociación e non dubidou en destacar a importancia desta cita que, ano tras ano, vai sumando adeptos. O que empezou como unha iniciativa veciñal para pór en valor os espazos da Seca e A Reiboa, hoxe é unha festa consolidada que non para de crecer. Presentación da Festa dos callos Concello de Poio Repartiranse unhas 1.500 racións de callos, elaborados de forma artesanal e con moito agarimo polas cociñeiras da zona. "Os callos sempre son un reclamo, e se lle engadimos este fermoso entorno e o mimo co que as cociñeiras preparan as racións, dun xeito totalmente artesanal, estou convencido de que será, unha vez máis, un éxito rotundo", engadiu o alcalde. A festa empeza ás 12:00 do mediodía, animados pola Escola de Música Tradicional de Poio e as Pandeireteiras Armadiña. E por si o tempo complícase, non hai de que preocuparse xa que haberá carpa, así que nin a choiva poderá coas ganas de pasalo ben. A ración de callos, que inclúe pan e bebida (viño ou auga), terá un prezo popular de 12 euros.