25.000 persoas viviron momentos épicos nun Festival Revenidas marcado pola chuvia

Wait 5 sec.

A decimosexta edición do Festival Revenidas pechou as súas portas tras catro días nos que 25.000 persoas se deron cita en Vilaxoán para gozar dunha programación que deixou momentos inesquecibles, malia as adversidades meteorolóxicas que marcaron toda a fin de semana. O tempo inestable condicionou o desenvolvemento desta cita, especialmente na xornada dominical, cando a organización viu obrigada a cancelar a Gala de Circo Solidaria e os concertos de Terrae e Orquestra Bravú Xangai. Estas actividades serán reprogramadas nunha data que se anunciará próximamente. As cifras de asistencia reflicten o éxito do festival: 8.500 persoas o venres e outras tantas o sábado, completando o aforo do recinto en ambas xornadas. O xoves congregáronse 6.500 asistentes, mentres que o domingo, antes da cancelación das actividades vespertinas, acudiron 1.500 persoas. Estes números supoñen un descenso respecto á edición anterior, que rexistrou 28.000 asistentes, debido precisamente á suspensión das actividades dominicais por motivos de seguridade. Malia a choiva, o público demostrou a súa fidelidade ao festival mantendo o ambiente festivo mesmo nos momentos de maior intensidade meteorolóxica. Esta actitude foi recoñecida publicamente polos propios artistas desde o escenario. Entre os momentos máis destacados figuran as actuacións de Fermin Muguruza, que logrou un recinto entregado e en sintonía coa súa proposta musical; Heredeiros da Crus, que repetiron actuación baixo o orballo; o regreso de Riot Propaganda; e a despedida de Lendakaris Muertos, que amosaron que o punk carece de horario e pode vibrar con intensidade ás 12.30 do mediodía. Riot Propaganda no Revenidas 2025Festival Revenidas O certame confirmou de novo o seu papel dinamizador da economía local, mobilizando preto de 350 traballadores directos en áreas como hostalería, seguridade, produción técnica, limpeza e merchandising. A organización destacou a ausencia de incidentes salientables durante os catro días, cuns servizos de emerxencia que só interviñeron en casos menores como cortes ou contusións leves. La Yaya DJ no Festival Revenidas 2025Festival Revenidas Desde o Revenidas indican que para recuperar o saldo que non foi gastado da pulseira, os importes van devolverse de maneira íntegra e sen cobrar gastos de xestión. É preciso realizar unha solicitude en www.revenidas.com dende este martes 16 ata o martes 23 de setembro. A solicitude débese realizar no propio perfil de cada usuario, facilitando o seu código de pulseira e o seu número de IBAN. Os importes comenzarán a devolverse a partir do mércores 24 de setembro. Os cartos regalados das bonificacións da recarga previa non se devolverán, segundo indica a organización. O Revenidas conta co respaldo de Vibra Mahou e da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo. Público no Revenidas 2025Festival Revenidas