Nace o I Torneo EncestaRías Woman para saldar unha "débeda co baloncesto feminino"

Wait 5 sec.

"Vilagarcía salda por fin unha débeda co baloncesto feminino ao acoller unha nova pata do EncestaRías". Con esas palabras do alcalde da localidade arousá, Alberto Varela, presentouse o I Torneo EncestaRías Woman. O torneo disputarase na súa estrea o día 28 de setembro no pavillón municipal Sara Gómez de Fontecarmoa. Farao cun dobre encontro, por unha banda cun duelo entre Ensino de Lugo e o Barcelos portugués (17.00 horas) e polo outro enfrontando ao local Cortegada co Maristas A Coruña (19.00 horas). Poderanse seguir desta forma as evolucións de dous equipos da máxima categoría no seu respectivo país, como son Ensino e Barcelos, xunto a dous proxectos da Liga Feminina 2. Os socios de Cortegada como do CLB terán acceso de balde, mentres que para o resto do público a entrada custará 5 euros. Este novo torneo busca "reforzar a identidade e conexión do EncestaRías con Vilagarcía", explicou un dos seus organizadores, Diego Doval. "O masculino tivémolo que levar para Pontevedra por tema de aforo, pero queremos que todo o mundo saiba que o proxecto naceu aquí e sempre estará ligado á cidade", engadiu.