O Concello de Ribadumia informa que este xoves 11 de setembro, con motivo do paso da 23ª edición da Volta Ciclista a Galicia, un tramo da estrada EP-9305 permanecerá pechado ao tráfico entre as 17:00 e as 20:30 horas. Concretamente, cortarase o tramo entre a Casa Consistorial e a rotonda de Leiro, xa que Ribadumia será protagonista na primeira etapa desta importante proba ciclista autonómica. Conscientes de que estamos en plena época de vendima, unha cita crave para o sector vitivinícola do Salnés, o Concello lanza unha mensaxe de tranquilidade e subliña que o acceso ás adegas está garantido xa que se habilitaron rutas alternativas para facilitar a mobilidade entre parroquias. Ademais, creouse un mapa interactivo con todas as opcións de circulación dispoñibles, que pode consultarse tanto na web municipal como nas nosas redes sociais. A chegada da Volta non só trae deporte de alto nivel, senón tamén unha excelente oportunidade para dar visibilidade á riqueza cultural, paisaxística e enogastronómica de Ribadumia. Desde o Concello agradecen de antemán a comprensión e colaboración de todo a veciñanza. Sinalan que coa axuda de todos, este evento poderá celebrarse con total seguridade e sen afectar ao día a día do municipio. Cortes de tráfico e vías alternativas Concello de Ribadumia