Festín do Céltiga e empates de Arosa e Cambados

Wait 5 sec.

FESTÍN DO CÉLTIGA O equipo da Illa endosoulle unha 'manita' ao Somozas o día no que fútbol de Terceira RFEF regresou ao Salvador Otero. O primeiro tempo foi completamente igualado e sen ningún claro dominador. Ao comezo da segunda parte a cousa cambiou por completo e o Céltiga puxo o 2-0 en apenas tres minutos. O primeiro gol chegou tras un centro á área que Xullo rematou desde a frontal, o balón deu no poste e coouse no interior da portaría. Dous minutos despois, nunha acción de saque de banda, Sobrido puxo o balón no punto de penalti, Xullo deixou de tacón para Óscar e no man a man anotou o segundo. Tratou de responder o Somozas, pero o disparo de Fanego deu no poste. Marcos anotou outro golazo pola escuadra para facer o 3-0 e o técnico visitante decidiu mover ficha. Cos cambios os visitantes pasaron a dominar e puideron recortar distancias cunha gran acción de Sanmartín que repeleu Antón. O Céltiga, pola súa banda, volveu acertar. Nico centrou raso ao segundo pau e Sobrido subiu o 4-0 ao marcador. Xa no 79 e co partido completamente sentenciado, Guille entrou desde segunda liña para asinar o 5-0 e redondear unha gran tarde na Illa. Consulta a acta do Céltiga CF - UD Somozas REPARTICIÓN DE PUNTOS ENTRE GRAN PEÑA E AROUSA A Gran Peña e o Arosa protagonizaron un partido cheo de emoción até o último minuto, culminando cun empate a dous no que tres dos catro goles marcáronse no tempo de desconto. Os locais lograron adiantarse grazas a Jorge Coira, que rompeu a igualdade inicial cun gol que chegou tras o paso polos vestiarios. Con todo, cando o partido parecía encamiñado para que os tres puntos quedasen en Vigo, Gabri Palmás igualou para o Arosa no minuto 90, dando paso a unha recta final de infarto. No minuto 93, Rivera puxo por diante aos arlequinados cun gol que parecía sentenciar o choque, pero Iker Villanueva, apenas un minuto despois, logrou o 2-2 definitivo para unha Gran Peña que non baixou os brazos. Consulta a acta da Gran Pena e Arousa neste enlace EMPATE DO JUVENTUD CAMBADOS Tamén rascou un empate o Cambados, o segundo consecutivo no que vai de liga. O conxunto amarelo, que está de regreso na categoría, conseguiu rascar un punto e manter a portaría a cero fronte ao Estradense, vixente subcampión e un dos equipos chamados a loitar polo play-off de ascenso.