Paisajes progresivos #42. Vocalistas femeninas (1)

Wait 5 sec.

Alberto Pazo á fronte dun episodio máis destas 'Paisajes progresivos' para seguir descubrindo o rock progresivo, ou empezar a descubrilo, que nunca é tarde. A súa proposta, nas súas propias palabras: "propóñovos escoitar a algunhas das máis coñecidas vocalistas femininas do rock progresivo. Porque non foron nin son moitas pero a súa presenza sempre se deixou notar, para ben, en distintos grupos de diversos países". Pasando aos nomes propios, selecciona a "Annie Haslam, de Renaissance; á californiana La Lane; á arxentina Mariela González cando formaba parte de Nexus; a Chole Alper en Pure Reason Revolution; a Emila Derkowska, da banda polaca Quidam". Continúa con "a gran Christina Booth de Magenta; a malograda cantante sueca Magdalena Hagberg en Par Lindh Project; e a Sylvia Erichsen, en White Willow". Descríbeas como "voces anxelicais, cristalinas, poderosas ou desgarradoras, completan un cadro de persoal que non se esgota aquí. Haberá máis noutra ocasión. Que o gocedes".