A choiva non é freo para os amantes dos vehículos antigos

Wait 5 sec.

A choiva insistente que caeu durante toda a mañá do domingo non foi freo para os amantes dos coches antigos, que encheron a Praza de España. A partir das 11.00 horas, empezaron a gozar dunha cita obrigada xa cada setembro no sector, a concentración vehículos clásicos e antigos Cidade de Pontevedra. O club de amigos dos vehículos clásicos (AVA), organizadora do evento, quixo este ano, admeás, entregar un agasallo á concelleira de promoción da cidade, Anabel Gulías, pola súa colaboración coa iniciativa. Este ano, un turismo Pierce-Arrow de 1928 que até agora nunca participara en ningunha exhibición pública e un Ford A de 1930 eran o principal reclamo. A afluencia foi constante durante toda a xornada confirmando a cita xa como un dos eventos emblemáticos da cidade e unha forma de coñecer un anaco da historia do automobilismo. Estiveron concentrados na Praza de España entre 40 e 50 vehículos clásicos, todos anteriores a 1990. Os máis numerosos foron os da década de 1970, pero tamén houbo representantes dos 30, dos 50 e dos 60. O programa completouse cunha visita ao Centro de Investigación Forestal de Lourizán e un xantar de confraternización en casa Digna. [galleries:vertical:10739]