Dende agosto, cando comeza a aplicarse a zona residencial tensionada, os prezos medios dos alugueiros na Coruña están a descender lixeiramente. Un posible efecto da medida impulsada polo Goberno local da cidade que contrasta coa evolución seguida no resto de urbes, nas que os prezos dos alugueiros continúan a medrar: entre 7 e 20 euros máis nos últimos cinco meses.