Así avanza Alberto Pazo, condutor e produtor do podcast, este episodio: "Neste inquietante inicio de ano, imos lembrar a entrañable figura de alguén que nos deixaba por estas datas fai xa oito invernos, o gran John Wetton". "Un músico cun currículo mareante, que estivo con case todos os máis grandes, cunha voz prodixiosa e un manexo do baixo que o colocou entre os mellores". Con todo, nunca tivo o recoñecemento que se merecía, quizais por eses cambios continuos, proba dunha inquietude e unha procura constante dun lugar axeitado onde desenvolver as súas ideas". "Mogul Thrash, Family, King Crimson, Uriah Heep, Asia, UK, Steve Hackett… é case interminable a lista de colaboracións ou proxectos nos que estivo inmerso". "Esta pequena homenaxe glosa a súa figura, xa para sempre no olimpo dos xenios. Que o gocedes e non perdamos a esperanza en que este que comeza sexa un bo ano para todos".