A Semana Abanca de deportes náuticos suma unha nova parada en Portonovo. Baixo a organización do Club Náutico Portonovo as augas da ría de Pontevedra acollerán este sábado 11 de outubro a primeira edición do Trofeo Vila de Portonovo, competición enmarcada no Open de España A2-A3 de tripulacións reducidas. Trátase de barcos con dous e tres tripulantes. Esta regata de cruceiros súmase dentro da Semana Abanca ao Trofeo Vila de Marín con competicións de piragüismo e remo previstas para o mes de novembro. Serán unha vintena os participantes no Open de España, cun percorrido pola zona oeste da ría de Pontevedra cunha lonxitude entre 12 e 15 millas. A saída da a única manga puntuable prevista darase ao fío das 13.00 horas, segundo explicaron na presentación oficial do evento celebrada no Club Náutico de Portonovo. Presentación do Trofeo Vila de Portonovo da Semana AbancaMoebius