O Pontevedra International Open M15, a pleno rendemento

Wait 5 sec.

As pistas do Club de Tenis Pontevedra vibran xa coa emoción do Pontevedra International Open M15. O torneo internacional masculino completou a súa fase previa na Caeira e desde este martes afronta a súa fase final. Entre os nomes destacados da previa atópanse xogadores como Luís García Páez ou como o valenciano Mario Arce que logrou o pase ao cadro final tras unha dura batalla fronte ao británico Nolan William resolta por un axustado 10-8 no súper tie-break. Tamén destacou o xoven Maxi Carrascosa, un dos mellores juniors españois, conseguindo o pase por segunda vez á fase final dun torneo 15K. A competición, axudada polas boas previsións meteorolóxicas, continuará durante toda a semana no Club de Tenis. Emoción garantida até as finais previstas para a fin de semana, co desenlace do cadro de dobres o sábado e a final individual ás 12.00 horas do próximo domingo 12 de outubro.