A concellería de Cultura de Vilagarcía de Arousa, baixo a dirección de Sonia Outón, xa anuncia os primeiros espectáculos da programación escénica para o vindeiro ano. Entre xaneiro e abril de 2026, o auditorio municipal acollerá cinco propostas de diferentes xéneros que buscan satisfacer todos os gustos do público vilagarcián. A actividade cultural comezará o 3 de xaneiro cunha xornada dupla. Pola tarde, ás 17:00 horas, será a quenda de "La Granja de Zenón", o fenómeno audiovisual infantil que acumula 65 millóns de subscriptores en YouTube e miles de millóns de visualizacións. "La granja de Zenón"Edicións Embora As entradas para esta proposta infantil xa están dispoñibles desde 28 euros. Esa mesma noite do sábado 3, ás 21:00 horas, chegará o momento da nostalgia musical co "ABBA Revolution Tour". Ana K. García, Clara Dini, Juanma Sánchez e Joaquín Catalán recrearán os éxitos da banda sueca, transportando ao público ás melodías dos anos 70 e 80 que forman parte "da memoria colectiva de varias xeracións". O 9 de xaneiro, o auditorio acollerá o ilusionismo galego coa celebración do "IX Galicia Magic Fest". Este festival, impulsado polo mago Pedro Volta, percorre toda a comunidade e oferta entradas desde 16,60 euros, con desconto do 50% ata o 15 de outubro. A proposta máis innovadora chegará o 31 de xaneiro con "Nymeria", de Pablo Méndez Performances. Esta creación fusiona teatro visual, circo contemporáneo e tecnoloxía escénica de vangarda para crear "un universo orixinal de gran beleza e ritmo" onde a participación do público resulta fundamental. As entradas sairán á venda nos próximos días a partir de 32 euros. O ciclo pechará o 25 de abril co regreso do humorista galego Luis Piedrahita e o seu novo monólogo "Apocalípticamente incorrecto". O artista, con 25 anos de traxectoria en programas como "El Hormiguero" ou "La Ventana", combina humor absurdo, reflexións cotiás e maxia para abordar temas como o libre albedrío e a liberdade de expresión. Actuación de Luis PiedrahitaMónica Patxot As entradas poden adquirirse a través da plataforma Ataquilla.com.