Rafa Domínguez: "¿Acaso Lores no se da cuenta de que los niños ya no juegan en la Herrería?"

Wait 5 sec.

O portavoz municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, volveu a cargar este mércores contra o modelo de cidade que, ao seu xuízo, representa o goberno local do BNG, encabezado por Miguel Anxo Fernández Lores. Domínguez acusa o executivo municipal de "abandonar a las personas sin hogar" y de "permitir que aumente la sensación de inseguridad y suciedad" nas rúas da Boa Vila. Acompañado pola concelleira Silvia Junco, Domínguez denunciou o "deterioro consentido" da convivencia cidadá e a "merma continuada" dos servizos sociais municipais, unha situación que, segundo o líder popular, non recibiu resposta algunha por parte do goberno local nos últimos anos. "El modelo de ciudad de Lores no puede ser la acumulación de basura, pequeños hurtos y agresiones frecuentes. Si esa es su propuesta, que no cuente con nosotros", sinalou Domínguez, quen advertiu do crecente malestar veciñal ante esta situación. Segundo os datos ofrecidos polo PP, as queixas cidadás recollidas polo Concello de Pontevedra pasaron de 44 no primeiro trimestre de 2025 a 62 no segundo, e aproximadamente un 10 % están relacionadas con condutas incívicas e problemas de convivencia. "Si el alcalde no cree al PP, que está en la calle todos los días, al menos debería escuchar a sus propios vecinos", insistiu. Desde marzo de 2023, Domínguez veu reclamando ao Concello máis vixilancia e seguridade en barrios como Campolongo, pero asegura que a problemática se estendeu, pola "pasividad" do goberno local, a zonas como a Praza da Ferrería, Galerías Oliva, Gutiérrez Mellado, Barcelos ou a rúa Joaquín Costa, fronte ao Hospital Provincial. Unha das principais esixencias do PP é a convocatoria inmediata da Comisión Especial para o Estudo e Mellora da Convivencia Cidadá, aprobada nun pleno extraordinario o pasado mes de xuño a proposta do grupo popular, pero que aínda non foi posta en marcha. Domínguez tamén pediu máis recursos humanos e materiais para a área de Servizos Sociais, alertando de que Pontevedra se atopa entre as cidades españolas que menos invisten neste ámbito. "Son personas, muchas de ellas con patologías, que no reciben ni la atención ni los cuidados mínimos por parte del Concello", denunciou. Así mesmo, reclamou un reforzo dos medios da Policía Local e da limpeza urbana, á vez que criticou o estado de abandono dalgúns espazos públicos tradicionais. "¿Acaso Lores no se da cuenta de que los niños ya no juegan en la Herrería? ¿Por qué cree que hay tantas familias con menores o personas mayores que contactan con el PP para pedir ayuda?", preguntouse. "El alcalde tiene que reaccionar. Pontevedra está mucho peor que hace cinco años y no se está tomando ninguna medida", concluíu.