A narración en galego chega aos partidos da Selección Española en RTVE

Wait 5 sec.

Por primeira vez na historia, os partidos da Selección Española de Fútbol Absoluta Masculina poderán seguirse a través da televisión pública nacional acompañados de narración en lingua galega. Así o confirmou este venres Radio Televisión Española (RTVE), avanzando que esta opción estará dispoñible para os encontros de España na fase de clasificación para o Mundial 2026 que disputará o sábado 11 e o martes 14 de outubro ante Xeorxia e Bulgaria, respectivamente. Segundo explica RTVE, a transmisión ofrecerá a opción de escoller o galego a través da segunda pista de audio dos televisores. A narración correrá a cargo de Carlos Jiménez, habitual narrador de Radio Nacional de España (RNE), e de Enrique Morales, redactor de deportes de RTVE en Vigo. Contará ademais coas achegas técnicas de Manel Fernández Anidos, ex futbolista internacional da sub-21 para España e que que xogou en equipos como o Celta e o Racing de Ferrol, entre outros. O España-Xeorxia xogarase este sábado, 11 de outubro, ás 20:45 no Martínez Valero de Elxe, e o España-Bulgaria, o vindeiro martes 14 de outubro á mesma hora en Valladolid. ⚽ @rtve ofrecerá narración en gallego de los partidos de la Selección Española por primera vez en la historia 🔸El España-Georgia se jugará este sábado a las 20:45 en el Martínez Valero de Elche 🔸El España-Bulgaria, el próximo martes en Valladolid a la misma hora… pic.twitter.com/8CeKL4VR4z — RTVE Comunicación y Participación (@RTVE_Com) October 10, 2025