A aventura de Jéssica Bouzas no WTA 1.000 de Wuhan termina en segunda rolda

Wait 5 sec.

Jéssica Bouzas puxo fin este mércores á súa participación no WTA 1.000 de Wuhan, China. A tenista arousá non puido aproveitar a baixa por lesión de Amanda Anisimova, número 4 mundial e coa que lle tocaba enfrontarse na segunda rolda do torneo chinés. No seu lugar apareceu como rival 'lucky loser' outra estadounidense, Iva Jovic, número 39 do ranking e que pasa por ser aos seus 17 anos unha das grandes revelacións da tempada. Non foi o mellor día de Bouzas, que competiu nun partido moi igualado pero que terminou claudicando ao perder o seu servizo no tramo final das dúas mangas disputadas. O resultado final foi dun dobre 6-4. Iva Jovic triumphs 🙌 The 17-year-old is through to the Round of 16 after beating Bouzas Maneiro 6-4, 6-4.#WuhanOpen pic.twitter.com/2oP1B1viFf — wta (@WTA) October 8, 2025 A pesar desta derrota os puntos sumados en China permiten a Jéssica Bouzas situarse virtulamente no posto 40 da clasificación mundial. Iguala desta forma o mellor posto da súa carreira asinado o pasado mes de agosto. Unha gran forma de mirar cara ao final dunha gran tempada, na que logrou consolidarse na elite da WTA.