Vidorreta baixa da nube o Pontevedra: "O obxectivo dun ascendido sempre é a permanencia"

Wait 5 sec.

Todo son sorrisos no Pontevedra Club de Fútbol tras os seus últimos resultados, que lle colocaron na sexta posición despois de seis xornadas de campionato. Con todo o plantel granate non perde o foco, e é que "o obxectivo dun ascendido sempre é a permanencia, conseguir os puntos necesarios para manter o equipo na categoría e a partir de aí tentar facer algo bonito". Así o asegurou este mércores desde a sala de prensa do Estadio Municipal de Pasarón un dos futbolistas que se asentou neste inicio no once inicial, Ander Vidorreta. O centrocampista foi titular en todos os encontros disputados. Ten moi presente o que lle sucedeu a pasada campaña na Real Unión, cando a estas alturas de tempada estaban situados en postos de play-off e terminaron perdendo a categoría. E é que "empezar ben non significa que o equipo vaia acabar ben. Por iso imos semana a semana", defende. En todo caso o futbolista soriano reforza o conseguido até o momento, porque "estes puntos valen o mesmo que os finais e é importante empezar ben". Ademais "encadear dúas vitorias nesta categoría é moi complicado e tanto facelo fóra como na casa vai ser un punto de infexión para coller confianza". Pensando xa no próximo partido de liga, no feudo do Real Madrid Castilla, Vidorreta restou importancia ás baixas coas que contará o filial branco, xa que "os que suban serán gratísimos xogadores. Nesas canteiras adoitan estar os mellores".