Comezamos edición con dous nomes gaditanos, dunha parte Pipo Romero con novo traballo e doutro Julio Cable y Los Infollables.que avanzan o seu próximo 'Sexy Maharishi'. O público Z terá collida a medida a DePol que lanza o seu álbum debut, mentres que outro 'talent', Paul Alone, presenta segundo elepé. A cantautora biscaíña Paula Mattheus propón este venres 'En plural' "para que vos namoredes ben bonito e lento". Os Viva Suecia xa van polo quinto traballo "resultado do momento de madurez artística" e titulado:Hecho en tiempos de paz. Oco para o cubatón de Gente de Zona, o segundo avance de Gorillaz, a colaboración de David Guetta con Teddy Swims e Tones & I e para completar; entre críticas, censuras e fieis fans o 'Lárgate' de Ana Mena, avanzando o seu próximo proxecto.