Tiago Rodríguez, novo mediocentro para o Pontevedra CF

Wait 5 sec.

O Pontevedra Club de Fútbol anunciou este mércores a incorporación de Tiago Rodríguez López, un mediocentro de 26 anos que se suma ao primeiro equipo para reforzar o centro do campo. O xogador, que chega como axente libre, ponse ás ordes do adestrador Rubén Domínguez. Tiago Rodríguez, destro e con 1,80 metros de altura, formouse na canteira do RC Celta. O xogador tamén pode desenvolver funcións, de maneira ocasional, como defensa central. Ao longo da súa carreira pasou por equipos galegos como UD Ourense, Ourense CF, CD Arenteiro ou Bergantiños FC, acumulando experiencia en diferentes categorías. Actualmente atopábase sen equipo. Esta fichaxe completa o persoal granate, que mantiña unha ficha sénior dispoñible tras as últimas incorporacións anunciadas o pasado luns cando se concretaron as fichaxes dos dianteiros Álex Compa e João Resende, así como a cesión do tamén dianteiro Marcos Denia.