Oito novos emprendedores incorpóranse ao viveiro do polígono de Barro

Wait 5 sec.

A Deputación de Pontevedra deu un novo impulso ao tecido empresarial da provincia coa entrega de espazos no seu viveiro de empresas de Barro a novas iniciativas emprendedoras. O acto estivo presidido polo titular do organismo provincial, Luís López, quen destacou o compromiso da institución co fomento do emprendimiento local. As novas empresas beneficiarias disporán de oficinas e naves a prezos reducidos durante un ano, prorrogable por dous máis, así como de asesoramento técnico para consolidar os seus proxectos na fase inicial. "Hoxe é un día moi importante para a Deputación, para os beneficiarios destes novos espazos e para a economía de toda a provincia", afirmou López durante a entrega de chaves aos emprendedores. Entre os beneficiarios sitúanse iniciativas innovadoras no sector da construción como son Caslúa, Cotacero e a do emprendedor Alejandro González Magdalena; ou da enerxía limpa, como Solpor Energies. A Deputación asina acordos con oito iniciativas empresariaisDeputación de Pontevedra A eles súmanse representantes da tecnoloxía, con Tecnobelts; da cadea mar industria, con Conservas Artesanais Galegas; do turismo ligado ao deporte, con Ocio, Deporte y Servicios; e, finalmente, do comercio, con E-Exporta. Durante o acto de entrega de chaves, Luís López felicitoulles porque o seu proxecto "demostrou ser merecedor dun espazo neste viveiro". Tamén lles deu ánimo, "porque calquera proxecto que comeza require unha dose de esforzo e traballo moi importante" e finalmente, expresoulles agradecemento "porque si somos unha provincia extraordinaria é grazas a persoas como vós", dixo o presidente provincial. Con esta nova adxudicación, o viveiro de empresas de Barro alcanza o 100 % de ocupación nas súas 16 naves, e 18 das 24 oficinas dispoñibles xa están en uso. Aínda quedan libres tres espazos de coworking. No viveiro de Lalín, as cinco oficinas están xa ocupadas, mentres que dúas das tres naves continúan dispoñibles, xunto cun espazo para coworking. No polígono empresarial de Barro, a ocupación alcanza o 83%. Das 13 parcelas aínda dispoñibles, tres xa están reservadas.