A caída dun muro obriga a acordoar a Rúa Carabuxeira por seguridade

Wait 5 sec.

A Policía Local de Sanxenxo acordoou un tramo da Rúa Carabuxeira tras caer parte dun muro dunha das propiedades privadas que hai na zona. O suceso produciuse sobre as sete da tarde deste pasado domingo. Os veciños xa alertaran dos primeiros desprendementos horas antes. Estes primeiros cascotes xa foran retirados polos axentes tras a alerta veciñal. Nunha segunda intervención, foron os membros do GES de Sanxenxo os que acudiron ao lugar para retirar máis pedazos. Muro caído na Rúa CarabuxeiraPontevedraViva Pero antes de que se puidese actuar sobre o muro, este esborrallou parcialmente. Aínda que a rúa non quedou formalmente cortada, si foi acordoada a zona por motivos de seguridade, evitando que coches e peóns aproxímense á estrutura. Desde o goberno municipal confirman que as autoridades xa se puxeron en contacto cos propietarios da vivenda á que pertence este muro. Os seus donos, que residen en Madrid, faranse cargo este mesmo luns de recoller os restos do muro e de aseguralo para evitar que se produzan novos desprendementos.