O Poio Pescamar ten un ollo posto estes días no outro lado do planeta. Concretamente no Campionato do Mundo que se vai a disputar en Filipinas, o primeiro da historia e que tamén serve para marcar un fito no club conserveiro. Segundo reflicte a páxina web da FIFA, o vermello será o equipo que achega máis futbolistas ao Mundial, con sete. En Filipinas competirán Ale de Paz, Elena, Martita e Noelia Montoro con España, Carolina Pedreira e Débora Lavrador con Portugal e Rafa Pato coa selección de Italia. "É un enorme orgullo e unha gran satisfacción que o noso club quede ligado á historia do fútbol sala feminino mundial desta maneira", afirman desde o Poio Pescamar. Tras o equipo da Seca os seguintes clubs na lista son o Benfica e o Nun'Álvares portugués e o Bardral Urayasu xaponés seis xogadoras. "Un premio a tantos anos de traballo cun proxecto de alto nivel e estable nun municipio pequeno como é Poio", defenden desde a entidade conserveira. Chegados a este punto, e coa metade do seu plantel en Filipinas, o Poio Pescamar espera que "d isfruten deste soño cumprido" desexando que "oxalá algunha delas volva como campioa do Mundo".