Condenado por agredir sexualmente á irmá da súa ex moza, de 13 anos e con atraso madurativo

Wait 5 sec.

Seis anos de cárcere, cinco anos de liberdade vixiada e outro cinco de inhabilitación para calquera profesión ou oficio que leve contacto directo con menores. Esa é a pena que deberá cumprir un home ao que a Audiencia Provincial de Pontevedra acaba de condenar por agredir sexualmente a unha menor. A nena, irmá da súa ex moza, tiña naquel momento 13 anos e presentaba un atraso no seu desenvolvemento madurativo. Os feitos ocorreron no maio do ano 2021 nun garaxe e a sección cuarta da Audiencia acaba de ditar sentenza. De momento, non é firme, pois cabe recurso de apelación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). O tribunal basea a condena na declaración da vítima, pois asegura que é "firme, sen contradicións nin ambigüidades", á vez que sinala que narrou con "claridade" o suceso, o cal foi "descrito con detalles precisos". Para os maxistrados, o seu testemuño "preséntase como altamente verosímil e crible" e existen informes periciais que outorgan credibilidade ao o seu relato. Os maxistrados, ademais, destacan que o relato foi "corroborado por numerosos feitos obxectivos periféricos que reforzan e dan consistencia", talles como mensaxes e fotografías incorporadas á causa. O condenado deberá indemnizar á vítima con 7.500 euros e a pena inclúe a prohibición de aproximarse e comunicarse coa vítima durante un período de tempo superior en 10 anos ao da pena de prisión imposta.