Lydia Pérez, ouro incontestable na Liga Nacional de Loita

Wait 5 sec.

Reforzo de moreira para Lydia Pérez Touriño no inicio da nova tempada deportiva e da súa nova etapa. A pontevedresa, que se mudou a Alemaña para continuar coa súa preparación, foi unha das grandes protagonistas da Final da Liga Iberdrola de Loita Feminina celebrada en La Nucía. Aínda que nos últimos meses centrou a preparación nos 57 quilos, nesta competición Lydia regresou a -62 quilos, onde logrou multitude de éxitos a nivel nacional. Fíxoo con gran autoridade, e é que só cedeu dous puntos para colgar a medalla de ouro. Todo iso nun torneo que reúne as mellores deportistas estatais. A deportista do Loita Pontevedra estivo acompañada en La Nucía por Nerea Pampín (Club Keltoi de Vila de Cruces), loitadora que regresou ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva tras un ano en Madrid e que tamén logrou o ouro na súa categoría (-68 quilos). Cos puntos sumadas entre ambas, malia ser as únicas dúas galegas en competición, a Selección Galega clasificouse na terceira posición final da Liga Iberdrola.