200.000 euros para restaurar a igrexa de San Vicente do Grove

Wait 5 sec.

A Xunta de Galicia ven de licitar as obras de conservación e restauración da igrexa de San Vicente do Grove, situada no extremo norte da parroquia de San Vicente do Grove, cun investimento superior aos 200.000 euros. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, visitou o templo para confirmar a aposta do Goberno galego pola protección do patrimonio cultural. O proxecto, recentemente publicado no portal de contratación autonómico, busca resolver as filtracións de auga detectadas na cuberta e nas escaleiras da torre do campanario. Ademais, contempla a mellora da ventilación e a redución dos niveis de salinidade que afectan ás fachadas do edificio debido á súa proximidade ao mar. Entre as accións previstas inclúese a instalación de chapas de zinc, láminas impermeables, revisión das carpinterías e renovación dos morteiros de cal, así como a limpeza e desalazón das superficies máis deterioradas. López Campos na igrexa de San Vicente do GroveXunta de Galicia A obra terá un prazo de execución de seis meses e completarase cunha trapela para mellorar a ventilación e evitar filtracións na torre do campanario. Esta iniciativa súmase á recente apertura da aula interpretativa do xacemento de Adro Vello, reforzando a valorización dos bens culturais.