A Sala Manuel Moldes en Belas Artes acolle unha exposición de unión con México

Wait 5 sec.

A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes do campus de Pontevedra acolle a exposición "Dúas ladeiras da mesma montaña", un proxecto comisariado por Susana González e promovido polo Centro de Arte Fundación María José Jove coa colaboración da Facultade de Belas Artes e o apoio da Deputación de Pontevedra. A mostra reúne as obras producidas polos artistas Martín Llavaneras e Elena Jones durante a súa residencia internacional en Guadalajara, México, conectando distintas perspectivas sobre os procesos materiais e os sistemas de relación entre corpos, obxectos e contorna. As creacións expostas reflicten dous xeitos de abordar a idea de fluxo. Llavaneras explora o diálogo entre a cidade e o territorio agrícola a través de pezas que empregan materiais e residuos urbanos, como Elote (Relieve) e Torrent, riereta, moll, que combinan tubos industriais con elementos naturais, evocando movementos e sedimentacións. Pola súa parte, Elena Jones incorpora tradición cerámica, música e memoria persoal en instalacións como Sons que non se viron, nas que os instrumentos cerámicos feitos a man serán "activados" cunha performance tras a inauguración. Ademais, a artista exhibe o vídeo Partitura tridimensional, resultado dunha colaboración con músicos locais en Guadalajara. Exposición 'Dúas ladeiras de mesma montaña'DUVI - Universidade de Vigo A exposición permanece aberta ata o 20 de febreiro e complétase cun programa de talleres dirixidos ao alumnado de Belas Artes. O primeiro, impartido por Martín Llavaneras, explorou a escultura como práctica expandida e vinculada ao medio ambiente. O segundo, previsto para o martes 25, estará a cargo de Elena Jones e proporá unha experiencia sonora a partir dos obxectos e do espazo cotián, partindo das investigacións artísticas da autora.