O prezo do aceite descende en Galicia un 33% interanual apenas ano e medio despois de aumentar a un ritmo próximo ao 50%. Mentres, o incremento do custo dos ovos multiplicouse por sete dende principios de ano. Unións Agrarias advirte contra a especulación e subliña que as medidas contra a gripe aviaria "non xustifican" estas subas