'Paisajes progresivos' #49. De todo un pouco (5)

Wait 5 sec.

'Paisajes progresivos' engade outro dos seus episodios de miscelánea musical de rock progresivo. Esta vez Alberto Pazo, realizador e condutor do podcast, trae unha "edición variada, con tempo para o recordo e para a actualidade". Referencias: "sempre é grato lembrar a potencia de Cryptic Vision, pero tamén é saudable coñecer o novo de Karmakanic e de Pattern Seeking Animals (a banda 'spin off' de Spock's Beard). Gozar lembrando a proposta jazzística de vangarda de Forgas Band Phenomena alegra o espírito, así como tamén faio o son límpido e actual de I Am the Manic Whale. "Hai que recoñecer que uns veteranos como Jadis conseguiron, por fin, unha nova obra mestra, e que un personaxe do que emana a bonhomía como Peter Gee, só pode ofrecernos cousas marabillosas". E "para veterano, o señor Ian Anderson á fronte de Jethro Tull, que segue, achegándose aos 80 anos, dando leccións de música a tanto divo e diva de telexornal que parecen descubrir a pólvora. Que o gocedes como se merece".