Xornada de bos resultados para os equipos do Salnés en Terceira RFEF

Wait 5 sec.

A xornada desta fin de semana deixou moi boas sensacións ao tres equipos do Salnés na Terceira RFEF. O Juventud Cambados e o Céltiga brillaron con senllas vitorias fronte a Alondras e Lugo B, mentres que o Arosa sumou un bo punto en casa do Somozas. JUVENTUD CAMBADOS 2-0 ALONDRAS CF No campo de Burgáns, a Juventud Cambados fíxose co tres puntos tras superar por 2-0 ao Alondras CF. Nico Fernández abriu o marcador no minuto 31 e Alberto Estévez, no 77, fixo o 2-0 que deu a vitoria ao seu equipo. O xogador visitante Luismi foi expulsado no desconto con vermella directa. Consulta a acta neste enlace CÉLTIGA 2-0 CD LUGO B O que tamén confirmou o seu bo estado de forma foi o Céltiga, que gañou 2-0 ao Lugo B no Salvador Otero. O equipo da Illa sumou a súa quinta vitoria consecutiva grazas aos goles de Julio Rey, no minuto 18, e de Sobrido, no 52. Consulta a acta neste enlace UD SOMOZAS 0-0 AROSA SC O Arosa, pola súa banda, buscaba ante o Somozas asaltar a segunda praza da clasificación, pero tívose que conformar cun empate sen goles. O duelo entre segundo e terceiro clasificado estivo marcado pola intensidade defensiva e, aínda que os arlequinados trataron de inclinar a balanza ao seu favor cos cambios, non lograron superar a portaría de Chema Leobalde. Consulta a acta neste enlace