Pau para o Pontevedra: Juanra ten roto o ligamento cruzado do seu xeonllo

Wait 5 sec.

Malas noticias no Pontevedra Club de Fútbol en forma de lesión grave. Juanra non volverá xogar esta tempada cos granates ao confirmarse os peores presaxios tras caer lesionado o pasado sábado no encontro de liga contra o Mérida en Pasarón. Sucedeu no minuto 49 de xogo, nun mal apoio cando disputaba un balón dividido cun rival. O defensor, que volvera ao once inicial pola sanción de Miki Bosch, ten roto o ligamento cruzado do seu xeonllo esquerdo. Así o confirmou a resonancia magnética á que foi sometido, e a pesar de que as primeiras exploracións no propio estadio facían albergar certo optimismo. Así o chegou a recoñecer mesmo en rolda de prensa Rubén Domínguez afirmando que non parecía "ser nada grave". Por desgraza non foi así, e Juanra deberá pasar polo quirófano antes de afrontar unha recuperación que se estima entre os 6 e os 8 meses. É unha perda sensible para o equipo granate, e é que a pesar de non ser un titular habitual no once era un fiutbolista que acumulaba minutos e participacións importantes no que vai de tempada. Disputou en concreto oito partidos entre Liga e Copa, cinco deles como titular. CUARTA ROTURA DO CRUZADO EN 13 MESES A temida rotura do ligamento cruzado do xeonllo persegue nos últimos meses o Pontevedra dunha maneira que nin os máis veteranos lembran. A de Juanra é de feito a cuarta lesión destas características que se produce no club granate en pouco máis dun ano. Sucedeulle a pasada tempada, en outubro de 2024 a Churre, antes de final de ano a Jesús Cambil e no tramo final da competición a Pelayo Suárez.