A Vicerreitoría do campus de Pontevedra aposta de novo pola literatura de transmisión oral coa nova edición do ciclo Contos de inverno, Están previstas tres sesións de contacontos para público adulto nas noites dos xoves na Casa das Campás. Con entrada libre, o programa comeza este xoves 20 con "O medo é libre", protagonizado por Ánxeles Goás, e continuará o 27 de novembro con "25 pasos, 25 pesetas", sesión de Lorena Pinheiro. O ciclo finalizará o 4 de decembro con Ana Carreira e "Historias pequenas de xente que non lle importa a ninguén". O ciclo pon en valor este patrimonio inmaterial e fomenta a transmisión de lendas, mitos e tradicións. Paralelamente, o campus impulsa a Semana de Recollida de RAEE, coa instalación de puntos de depósito de residuos electrónicos en facultades e escolas ata o venres 21. Con esta iniciativa desde o campus se está promover a xestión sostible destes aparellos entre a comunidade universitaria.