Humor e arte para reclamar mellor sinalización das parroquias de Vilaboa na A57

Wait 5 sec.

O Concello de Vilaboa deu un paso firme na defensa da súa identidade coa inauguración dun mural artístico na rotonda de acceso á AP-9, na A57, creado co obxectivo de poñer no foco a carencia dunha sinalización axeitada das parroquias do municipio. A intervención converteu unhas chapas metálicas nun emblema colectivo que non só orienta cara ás parroquias de Cobres, Paredes ou Vilaboa, senón que tamén enche de simbolismo a entrada ao territorio. A obra, realizada por artistas locais, incorpora as cores corporativas do Concello con varios azuis que evocan a ría e o ceo aberto. Tamén emprega elementos representativos da cultura e da historia da zona, como o sombreiro das madamas e galáns do Entroido de Cobres, a mámoa do Rei ou as Salinas de Ulló, íconas que reflicten a riqueza patrimonial e a vinculación co mar. O mural nace cun ton desenfadado e reivindicativo, segundo o goberno local, co propósito de visibilizar unha problemática que afecta á veciñanza: a ausencia dunha sinalización clara das parroquias tras a construción da A57. César Poza e, ao fondo, o mural na rotonda de Vilaboa coas indicaciónsConcello de Vilaboa O goberno de César Poza lembra que a falta de sinais dificulta tanto o acceso de visitantes como a mobilidade local nesta contrna. Desde a alcaldía subliñan que esta obra, ademais dunha chamada de atención, é unha celebración da identidade e invita a quen circula pola rotonda a descubrir Vilaboa e as súas raíces. O goberno municipal insiste que esta medida creativa non substitúe a necesaria intervención oficial e reclama ás administracións competentes unha resposta ás demandas da comunidade.