Tres premios nacionais Best in Class 2025 para a sanidade pontevedresa

Wait 5 sec.

O acto de entrega dos premios nacionais Best in Class celebrado este luns en Madrid supuxo todo un recoñecemento para a sanidade pública pontevedresa, que logrou tres recoñecementos. Estes premios convócanos anualmente a Cátedra de Innovación e Xestión Sanitaria da Universidade Rey Juan Carlos e a publicación especializada Gaceta Médica e recoñecen aos mellores servizos, unidades e procesos asistenciais de hospitais e centros de saúde de toda España, tanto públicos coma privados. O servizo de Farmacia do Complexo Hospitalario Universitario pontevedrés recibiu o premio de Farmacia Hospitalaria en Oncoloxía, que lle recoñece a súa excelencia na atención a pacientes, con especial incidencia nos tratamentos oncolóxicos, a calidade asistencial e a innovación con terapias CAR-T, así coma a integración da investigación na práctica clínica. Este galardón recolleuno o xefe de servizo de Farmacia Hospitalaria do CHUP, Carlos Cespo Diz, quen salientou o exemplar traballo de equipo desenvolvido polos profesionais deste departamento para acadar a excelencia na asistencia aos pacientes. Premio ao mellor servizo de FarmaciaÁrea sanitaria de Pontevedra-O Salnés A rede de 42 centros de saúde de atención primaria da área sanitaria recibiu o recoñecemento nacional polas súas innovacións e propostas de mellora en materia de solo pélvico, de atención compartida entre hospitais e centros de saúde, en aplicación do programa de teleasistencia TELEA e na abordaxe integral da cronicidade na atención primaria grazas ao uso das novas tecnoloxías. O servizo de Dixestivo do Complexo Hospitalario Universitario foi recoñecido, por segundo ano consecutivo, coma o mellor servizo de España nos Premios Best in Class. Premio ao mellor servizo de PatoloxíaÁrea sanitaria de Pontevedra-O Salnés O xefe de servizo de Dixestivo do CHUP, Juan Turnes; a supervisora de Enfermaría de hospitalización de Dixestivo, Lourdes Rodríguez; e o facultativo e investigador responsable da unidade de enfermidades inflamatorias intestinais, Daniel Carpio, recolleron o premio. Este servizo xa recolleu tres premios Best in Class consecutivos coma mellor Unidade de Hepatite C de España nos anos 2020, 2021 e 2022. Ao acto de entrega asistiu unha delegación da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, con responsables dos servizos premiados e membros do equipo directivo. Premio Best in Class á Mellor Organización Integrada para a Area Sanitaria Pontevedra e O SalnésÁrea sanitaria de Pontevedra-O Salnés