Dez mulleres asinan a autoría do libro 'De madres a hijas. Recetas para no olvidar. Gastronomía en femenino' (Editorial Hércules). Unha publicación que reuniu a dez cociñeiras cuxa experiencia e saber facer vai co prestixio dos establecementos de restauración nos que traballaron e traballan. Todas plasman unha homenaxe ás mulleres da familia que as precederon e cuxo legado mantiveron no exercicio da súa profesión. Así, o libro, non só é unha recompilación de receitas, de patrimonio culinario; é memoria, é homenaxe en papel a quen as precederon. No podcast fala Chus González, unha das cociñeiras que participan neste libro xunto a Toñi Vicente, Manicha Bermúdez, Maricarmen Rodríguez, Eva Burgos, Ana Gago, Carlota Iglesias, Rosalina e Teri Carballa e Loli Barreiro.