A folga médica aumenta seguimento na segunda xornada e volve suspender consultas e operacións

Wait 5 sec.

A segunda das dúas xornadas de folga médica convocadas esta semana en Galicia deixou un aumento do seguimento en toda a comunidade, en especial, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Os convocantes, as organizacións sindicais Facultativos de Galicia Independentes (O'MEGA), Sindicato Médico de Galicia (Simega) e Sindicato de Médicas e Médicos de Atención Primaria (SMP), indican que o 80% de seguimento do mércores mesmo creceu ao 90%. É a cifra que sitúan no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e falan dun seguimento mesmo maior no Hospital do Salnés, con "un Importante incremento de participación" e "case a totalidade" de profesionais en folga. O Sergas tamén recoñece un incremento do seguimento, pero rebaixa as cifras. Si o mércores indicaban un 29% en Pontevedra e un 27% no Salnés, este xoves elévano a un 32,2% e un 31,25%, respectivamente. O xerente da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Flores, indica que en atención primar a participación foi moi inferior, do 6,8% en todo as áreas sanitaria. A folga obrigou a suspender este xoves, segundo Flores, 34 cirurxías, 992 consultas hospitalaria, 467 consultas de atención primaria e 40 probas. Simega cifra no 82% o seguimento do segundo día de folga nos hospitais de referencia das sete áreas sanitarias de Galicia, e máis do 75% no conxunto de atención hospitalaria, o que supón un incremento de máis de 10 puntos respecto dos datos facilitados o mércores. Este sindicato médico ratifica así o "éxito" das dúas xornadas de paro convocadas en Galicia, xa que hai que ter en conta que os datos facilitados pola Xunta, o 30%, inclúen os servizos mínimos de quen non poden secundar a folga, os permisos concedidos previos á convocatoria, e ausencias obrigatorias por exemplo as baixas laborais. A folga volveu levar concentracións de protesta ás portas dos principais hospitais galegos, entre eles, Montecelo e o Provincial en Pontevedra.