O persoal dos medios públicos mobilizado en Defende a Galega chega case oito anos despois aos 400 'venres negros' coa dignidade intacta. Porén, advirten de que o desánimo medra polo incremento da "privatización" da programación e a redución paulatina de redaccións e equipos técnicos propios