Este mércores a Fundación de Estudios de Economía Aplicada (Fedea) publicou unha análise detallada dos efectos da reforma do financiamento proposta polo Goberno do Estado. Galicia tería 89 euros máis por habitante, un avance moi por debaixo do aumento medio (+341) e moito máis lonxe das subas experimentadas polas seis comunidades autónomas máis favorecidas polos cambios.