A xeración renovable caeu en Galicia no ano do apagamento, co eólico estancado

Wait 5 sec.

En 2025 Galicia xerou, sobre todo, menos electricidade a través das súas centrais hidroeléctricas e tamén sufriu unha lixeira redución na produción dos parques eólicos, que rexistraron o peor dato dende o 2018. En cambio, aumentou a xeración nas centrais de ciclo combinado, que queiman gas fósil. Dende o 2019 a instalación de potencia renovable está estancada e Galicia pasou de ser a segunda a ser a sexta comunidade autónoma.