Quebranta unha orde de afastamento ao entrar nunha casa abandonada na que estaba a súa vítima

Wait 5 sec.

A Policía Local de Pontevedra detivo un home por quebrar a orde de afastamento dunha vítima dun episodio de violencia de xénero anterior. Os feitos sucederon o pasado luns, 8 de setembro, sobre as 21.00 horas nunha casa abandonada da cidade. A muller estaba nesa edificación e o home entrou a pesar de que non podía. Segundo a información policial, os axentes foron requeridos para presentarse nunha edificación abandonada. Cando chegaron, atoparon un home que saía á carreira. Conseguiron retelo e, cando procederon á súa identificación, comprobaron que tiña unha prohibición de achegarse e comunicarse cunha muller que estaba no lugar. O home foi detido e presentado ante o xulgado para responder ante estes feitos.