O Pontevedra International Junior U14 de tenis chegou ao seu fin este domingo coa disputa das finais feminina e masculina. O arranque da xornada estivo marcado pola choiva, pero concluíu baixo o sol cun gran ambiente nas bancadas. A mañá comezou coa final feminina, prevista para as 10:30 e trasladada a terra batida polas condicións meteorolóxicas. Alí víronse as caras a primeira cabeza de serie, Vega Bontín, e Lara Sebastià, debutante nunha final. O encontro apenas tivo historia. Bontín impuxo desde o inicio a súa experiencia neste tipo de citas, mentres que Sebastià acusou os nervios da súa primeira final. O resultado reflectiu a diferenza cun 6-0 e 6-1 para Vega Bontín, que levantou o título con autoridade. Veiga Bontín e Lara SebastiàClub de Tenis Pontevedra Co sol xa presente, ás 12:30 arrincou a final masculina, moito máis disputada e con gran expectación da man dos españois Jorge Mateo Moreno e Tomás Martín. Mateo empezou mandando (3-1), pero Martín reaccionou con solidez para levar o primeiro set por 6-3. O segundo foi un vendaval de Jorge Mateo, que, desatando toda a súa potencia, adxudicoullo cun contundente 6-0. No decisivo terceiro set, Martín soubo amornar os nervios e aproveitar os erros do seu rival para imporse 6-1 e proclamarse campión. Jorge Mateo Moreno e Tomás MartínClub de Tenis Pontevedra O día anterior, pola tarde, disputáronse as finais de dobres tanto masculina como feminina. A primeira delas foi un monólogo de Daniel Elías e Matteo Sanson, que apenas deron respiro a Tomás Martín e Jorge Mateo Moreno, impóndose por un claro 6-1 e 6-0. Todo o contrario ocorreu na feminina, na que Vega Bontin e Amina Subkhangulova levaron o título tras vencer a Charline Bressan e Edurne Tortajada por 7-5, 4-6 e 10-3 nun emocionante supertiebreak. Pontevedra International Junior U14 de tenisClub de Tenis Pontevedra Desde a organización destacan que esta terceira edición do torneo "foi todo un éxito" e anuncian que volverán o próximo ano "con moito máis tenis".