Un domingo de limpeza simultánea nos ríos da comarca

Wait 5 sec.

Colectivos ecoloxistas retiraron este domingo 21 de setembro quilos e quilos de lixo e despercidios dos ríos da comarca. Moitos foron os voluntarios que participaron na XVIII Limpeza Simultánea de Ríos impulsada por ADEGA. Basten un par de exemplos para pór en valor unha iniciativa que busca concienciar sobre a importancia de manter limpa e coidada a nosa contorna natural. En Pontevedra, 19 voluntarios da asociación Vaipoloría e a Fundación Juan XXIII retiraron preto de 110 quilos de lixo do tramo urbano do Río Gafos. Vaipoloríou e Fundación Juan XXIII na XVIII Limpeza Simultánea de RívosVaipolorío Pola súa banda nos ríos Fontáns e Verducido unha representación da Plataforma de Afectados pola A-57 levou a cabo a limpeza das dúas canles nas parroquias de Santa María de Xeve e Verducido. Máis dunha vintena de voluntarios, divididos en dous grupos, retiraron 70 quilos de lixo, atopando ao seu paso plásticos, toalliñas, latas e diferentes residuos. Tras a súa participación na xornada, a plataforma quixo trasladar unha petición ao Concello de Pontevedra, que estude a localización dos colectores evitando a instalación dos mesmos en zonas próximas aos ríos ao facilitar esta situación que os desperdicios cheguen ás canles. Plataforma de afectados pola A57 na XVIII Limpeza Simultánea de RívosPlataforma de Afectados A57 Outro dos colectivos participantes foi o Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES), cunha limpeza no río Umia nun tramo de algo máis duns quilómetros en Pontearnelas. No seu caso 17 persoas retiraron do caude do Umia até 100 quilos de lixo, destacando obxectos pouco habituais como unha cadeira de praia, ladrillos, un cono de tráfico e até un cadro eléctrico e restos de mobiliario urbano, Na XVIII Limpeza Simultánea de Ríos cobvocada por ADEGA participaron en total 70 entidades repartidas por 51 municipios. Colectivo Ecoloxista do Salnés na XVIII Limpeza Simultánea de RívosColectivo Ecoloxista do Salnés