A Danza de Espadas, protagonista do cupón da ONCE do domingo 28

Wait 5 sec.

Marín e a súa tradición máis emblemática, a Danza de Espadas, serán os grandes protagonistas do cupón do ONCE do próximo domingo 28 de setembro. Cinco millóns e medio de boletos levarán a imaxe desta ancestral celebración marinense por toda España, grazas ao traballo de máis de 20.800 vendedores da organización. E non é só unha bonita postal xa que o afortunado que teña o cupón gañador levará 300.000 euros en man e, ademais, 5.000 euros mensuais durante 20 anos. A presentación oficial deste singular cupón tivo lugar este luns e contou coa presenza da alcaldesa de Marín, María Ramallo; a concelleira de Cultura, Marián Sanmartín; e representantes do Padroado de Mareantes de San Miguel, Celso Méndez e Teresa Rodríguez. Tamén asistiron o director do ONCE en Vigo, Roberto Gaspar, e a promotora comercial, Verónica Millán. Todos eles celebraron que esta festa local chegue agora a millóns de fogares. Marín Ramalló destacou que esta iniciativa dará "unha visibilidade espectacular á nosa celebración do San Miguel máis aló das nosas fronteiras", destacou a alcaldesa, quen animou aos veciños a comprar e regalar o cupón. "Quen sabe... igual a sorte queda en Marín!", engadiu entre sorrisos. Ademais, Ramallo agradeceu ao ONCE non só por elixir esta festividade para o seu cupón, senón polo seu labor diario de inclusión social e laboral de persoas con discapacidade visual. Cupón coa Danza de Espadas ONCE A Danza de Espadas é unha xoia do folclore galego con raíces que se remontan ao século XVII. Cada ano, represéntase o domingo seguinte ao Día de San Miguel (29 de setembro), polo que este ano se celebrará o 5 de outubro. A danza está protagonizada por veciños de todas as idades, ataviados de branco e con bandas de cores que os distinguen: vermella para homes e nenos, azul para mulleres e nenas. Durante a procesión, acompañan o Santo polas rúas de Marín, realizando unha coidada coreografía con espadas de madeira vermellas e brancas, ao ritmo de gaitas. O percorrido fai paradas en lugares como a Alameda Rosalía de Castro, a Praza do Reloxo, a Igrexa de Santa María do Porto e o Parque Eguren. En cada parada, a danza convértese nun espectáculo de tradición, música e emoción.